Monday 06 de May de 2024

Cabalgata de Reis en Val do Dubra


O próximo luns, día 5 de xaneiro, chegarán os Reis Magos ao Concello de Val do Dubra. O programa da Cabalgata e Baile de Reis no Concello de Val do Dubra será o seguinte:
-16.30horas. Saída do tren do Colexio Público de Portomouro cos tres Reis Magos de Oriente e a súa comitiva.
-A cabalgata coas súas Maxestades fará a seguinte ruta: Portomouro (estrada), Bembibre (estrada), Casa do Concello (Bembibre), Rial, Bembibre (centro), Campo dá Feira, Casa do Concello, Pavillón Municipal de Deportes.
-19.00 horas. Os Reis Magos de Oriente serán ricibidos pola Coporación Municipal no Pavillón de Deportes. Merchor, Gaspar e Baltasar pronunciarán o seu discurso e procederán á entrega de regalos aos nenos e nenas do Concello de Val do Dubra.
-Durante toda a tarde do próximo luns, véspera de Reyes, haberá no Pavillón de Deportes animación e xogos para os máis pequenos e entrega de regalos.